O debate sobre a identidade feminina na obra de Rosalía de Castro

  1. Pardo Amado, Diego
Dirigée par:
  1. María Pilar García Negro Directeur/trice

Université de défendre: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 18 juillet 2011

Jury:
  1. Aurora López López President
  2. Carme Fernández Pérez-Sanjulián Secrétaire
  3. Kirsty Hooper Rapporteur
  4. Francisco Rodríguez Rapporteur
  5. Kathleen N. March Rapporteur

Type: Thèses

Teseo: 312347 DIALNET

Résumé

O principal obxecto da presente Tese de Doutoramento consiste en estudar o debate sobre a identidade feminina na obra completa de Rosalía de Castro (en galego e español) en orde a demostrar que, tanto as circunstancias vitais da artista como a realidade histórica e sociolóxica, fican plasmadas na súa produción. O sistema de análise utilizado sérvese de contribucións epistemolóxicas da teoría literaria feminista e de instrumentos metodolóxicos procedentes da socioloxía literaria. Ao longo do século XIX, a identidade feminina ocupa a centralidade do debate público. De forma paralela ás mudanzas que propuñan a instauración dun novo equilibrio entre os poderes civís e eclesiásticos, discútese o acceso da muller ao sistema educativo e ao traballo remunerado. Despois de revisar algúns dos episodios biográficos de maior relevancia, empréndese unha breve aproximación á recepción e fortuna crítica da produción rosaliana entre 1857 e 1916. Descóbrense puntos de inflexión, tendencias e influencias, para alén de comprobar que o proceso excedeu o plano do meramente literario, sumíndose en debates de natureza política, lingüística e cultural. A obra rosaliana é analizada non só polo seu valor literario, mais tamén considerando as súas dimensións cívica e pública. Concédese protagonismo ao sistema legal decimonónico para estudar a institución matrimonial e as súas implicacións para a muller escritora. Ao mesmo tempo, esta temática relaciónase co papel desenvolvido pola Igrexa católica e mais coa progresiva secularización da sociedade. A Tese Doutoral analiza o discurso relixioso da poeta de Padrón e reflexiona acerca da súa concepción do amor, o matrimonio e a soltaría, en relación co contexto histórico e social do século XIX. A investigación complétase cun apartado de Anexos en que se reproduce unha parte da documentación consultada.