Análise do perfil morfolóxico da elite de ximnasia acrobática en España
- Taboada Iglesias, Yaiza
- Agueda Gutiérrez Sánchez Director/a
- Mercedes Vernetta Santana Directora
Universidad de defensa: Universidade de Vigo
Fecha de defensa: 12 de junio de 2017
- Jesús López Bedoya Presidente
- Rocío Abalo Núñez Secretario/a
- Gema Torres Luque Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
As características morfolóxicas xogan un papel importante no rendemento deportivo. Nos deportes ximnásticos, a investigación sobre o perfil morfolóxico centrouse fundamentalmente nas tres disciplinas olímpicas, Ximnasia Artística Masculina, Ximnasia Artística Feminina e Ximnasia Rítmica, ben coa finalidade de realizar unha boa detección de talentos ou como medio para chegar ao maior rendemento deportivo, segundo a modalidade ximnástica estudada (Bester & Coetzee, 2010a; Bradshaw & Le Rossignol, 2004; Bird, 2008; Miletic, Katic, & Males, 2004). No entanto, na Ximnasia Acrobática estes estudos están practicamente inexplorados. Os ximnastas desta disciplina caracterízanse por desempeñar dúas roles con características motrices diferentes de alta especificidade. Polo tanto, é razoable abordar o perfil morfolóxico dos distintos roles (áxiles e portores) e as distintas modalidades, pois tamén poden presentar características diferentes. O principal obxectivo da presente Tese Doutoral foi analizar o perfil morfolóxico dos ximnastas de acrobática. Ademáis, tamén trata de explorar as posibles diferenzas entre as distintas modalidades e detectar as diferenzas en función do rol. Para alcanzar estes obxectivos, 150 ximnastas de alto nivel (92 portores, 58 áxiles) participaron nos tres estudos que compoñen a presente Tese Doutoral. Nestes estudos as medidas antropométricas, Indice de Masa Corporal, somatotipo e proporcionalidade mediante o Phantom, e a predicción do perfil en función do rol da élite de Ximnasia Acrobática abordáronse no Estudo I. A composición corporal e os índices de proporcionalidade dos diferentes roles reflectíronse no Estudo II e finalmente, o perfil morgolóxico diferenciado das distintas modalidades estableceuse no Estudo III. Os principais obxectivos desta investigación revelaron que: (I) Existen diferenzas entre os diferentes roles, caracterizándose xeralmente os portores por medidas superiores, pero proporcionalmente, ambos roles tenden a ser morfolóxicamente pequenos e con infrapeso nos áxiles e normopeso en portores, sendo un maior perímetro glúteo a variable predictora do rol de portor. (II) Áxiles e portores presentan extremidades superiores curtas, tronco medio e de forma intermedia, pero as extremidades inferiores longas nos áxiles e intermedias nos portores, con todo, non se atoparon diferenzas en canto á composición muscular. (III) Existen diferenzas entre certas medidas morfolóxicas de portoras femininas, establecéndose que maiores valores na talla, talla sentado, perímetro abdominal mínimo e % de graxa son predictoras da modalidade de Parella Feminina e inferiores en Grupos Femininos, mentres que altos valores de diámetro biiliocrestal predomina en portoras de Grupos Femininos e inferiores en Parellas Femininas. Para rematar, os portores masculinos de Parella Mixta son os únicos que presentan un peso proporcionalmente superior á media.