Extracción automática de colocacións e modismos

  1. Pamies Bertrán, Antonio
  2. Pazos Granada, José Manuel
Zeitschrift:
Cadernos de fraseoloxía galega

ISSN: 1698-7861

Datum der Publikation: 2004

Nummer: 6

Seiten: 191-204

Art: Artikel

Andere Publikationen in: Cadernos de fraseoloxía galega

Zusammenfassung

Nas definicións estatísticas das colocacións estas son descritas como combinacións de palabras que coaparecen con máis frecuencia do que se prediciría a partir das súas frecuencias respectivas e a lonxitude do texto. Dende que Sinclair (1970) propuxo este suposto nos seus traballos leváronse a cabo, con diferentes criterios e métodos, múltiples estudos experimentais con córpora electrónicos dos que se obtiveron resultados diversos (p.ex. Berry-Roghe 1973; Church e Hanks 1989; Clear 1993; Dunning 1993). No noso traballo aplícanse métodos diferentes a un pequeno corpus literario da lingua española co fin de avaliar, co mesmo texto e os mesmos criterios, cada unha das ferramentas metodolóxicas que poderían ser empregadas na detección automática de colocacións en base a datos estritamente cuantitativos, as cales poderían tamén manexar locucións e mesmo refráns.