A linguaxe figurada e os simbolismos culturais do crisantemo en chinés
-
1
South China Normal University
info
ISSN: 1698-7861
Année de publication: 2017
Número: 19
Pages: 33-45
Type: Article
D'autres publications dans: Cadernos de fraseoloxía galega
Résumé
O crisantemo acumulou unha serie de connotacións culturais particulares. Seguindo as directrices principais da Teoría Cognitiva da Linguaxe Figurada (Dobrovol’ skij e Piirainen 2005) e o concepto de culturema (Pamies 2007), dende unha perspectiva cultural e histórica, o presente estudo abrangue a interacción entre os símbolos culturais e os signos lingüísticos, analizando o transfondo simbólico da motivación figurativa do crisantemo na cultura chinesa, e as súas pegadas semióticas no léxico figurativo, locucións e proverbios. Esta análise revela que a cultura chinesa achegou unha serie de simbolismos do crisantemo que en español non existen. A linguaxe figurada asociada con esta planta está cargada de información propiamente cultural e nacional. A interpretación correcta dos fraseoloxismos require, polo tanto, un coñecemento sobre a súa orixe e transfondo cultura