Edición diplomática enfrontada de B e Vcuestións de paleografía, codicoloxía e crítica textual da Lírica profana galego-portuguesa
- Fernández Guiadanes, Antonio
- Mercedes Brea López Director/a
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Año de defensa: 2023
- Pilar Lorenzo Gradín Presidente/a
- Juan Salvador Paredes Núñez Secretario
- Simone Marcenaro Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
A presente tese ofrece unha transcrición completamente conservadora dos textos comúns ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B) e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V), que se complementa coa transcrición das notas marxinais, a indicación das correccións por sobreescritura e dos desprazamentos abreviativos. Coa finalidade de mostrar a utilidade do material así presentado para a posterior elaboración de edicións críticas, estúdanse algúns loci critici que se detectaron nas cantigas. Tras o estudo das lecturas propostas polos editores anteriores, unha vez analizados os mecanismos de erro no proceso de copia na fase de anotación do texto paleográfico, procédese a aceptar ou discutir esas lecturas, matizándoas ou, no seu caso, propoñendo outras que poidan mellorar a base textual das pezas.