Viviendas prefabricadas en procesos de alojamiento de transición para refugiados y desplazados internosHaití, Japón, Siria, 2010-2016

  1. Muñiz, Patricia
Dirixida por:
  1. Juan Creus Andrade Co-director
  2. Elisa Valero Ramos Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 16 de xuño de 2017

Tribunal:
  1. Francisco Javier Terrados Cepeda Presidente/a
  2. Patricia Sabín Díaz Secretario/a
  3. Nuno Grande Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 477713 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A provisión de aloxamento despois dunha emerxencia é unha das prioridades da axuda humanitaria, tanto en cuestión de catástrofes naturais como de desprazamento por conflitos bélicos. Non só durante os primeiros días senón, mesmo máis, durante o proceso de reconstrución, momento no que é determinante que as familias poidan establecerse nun lugar seguro e volver a unha relativa normalidade, posto que a consecución dunha solución duradeira podería dilatarse anos. No entanto, tamén é unha das accións máis difíciles e custosas de levar a cabo, o que provocou nalgúns expertos posturas desconformes coa dotación de aloxamentos, diferentes das tendas, durante tal proceso. En especial, daqueles que levan asociado un proceso de prefabricación. Esta tese aborda tres casos de estudo coetáneos, nun momento de desprazamento involuntario da poboación lamentablemente histórico. Por primeira vez, desde a Segunda Guerra Mundial, o número de persoas que tiveron que abandonar os seus fogares por conflito ou persecución superou os 60 millóns. Coa análise dos aloxamentos de transición nas tres emerxencias estudadas preténdese pór en valor as vivendas prefabricadas dentro destes procesos, establecer as particularidades das mesmas segundo as causas e tipoloxías e demostrar a súa pertinencia.